refresco

Bebida que se toma fresca para apagar a sede ou para mitigar a calor.

Etimoloxía

Deriva de refrescar, e este de fresco, procedente dunha voz do xermánico, frisk 'novo' ou 'áxil'.

Exemplos *

"… sentiu de socato o corpo tan suave e primaveral que lle dou por instalarse na cantina, nun deses tallos altísimos, de onde lle colgaban os pés, para beber un refresco de laranxa." (Teresa Moure: Herba moura)

"… polo menos el ten a lembranza dun pai, ten o recordo de ir con el pescar, de acompañalo cando ía tomar unhas cuncas e lle mercaba un refresco …" (Fransico A. Vidal: Os pecados capitais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.