refugallo

Aquilo que sobra dunha cousa ou que non se aproveita

Etimoloxía

Voz derivada sobre o verbo “refugar” que procede do latino refugare ‘facer fuxir’.

Exemplos *

“Enriba da pasarela toda unha festa de mozos traxados con vaporosos vestidos de cores, de mozas ataviadas con imposibles deseños de plástico e refugallo.” (Ana Cabaleiro: As Ramonas, 2018)

“O sarxento saíu só uns segundos para ordenarlle ao equipo que coordinase o rastrexo das papeleiras da zona do palacete, contactando tamén coa empresa de recollida de lixo para verificar cando fora a derradeira vez que retiraran refugallos.” (María Oruña: O que a marea esconde, 2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.