Luz, propia ou reflectida, que despide un corpo
Etimoloxía
Palabra que procede da latina refulgentia ‘esplendor’, ‘lustre’ ou ‘brillo’.
Exemplos *
“E así comeza unha noite de lembranzas para Antón Barca que, engruñado no asento traseiro, ve a luzada da cidade a esvaerse coma derradeira refulxencia dun lume extinto.” (Ánxeles García Sumay: Premios Pedrón de Ouro 1985/1986, 1987)
“Os lóstregos inmensos partían o ceo en mil anacos e eran dunha refulxencia tal que, caendo a noite, podíase ver a varios centos de metros de distancia.” (Xavier Queipo: Os kowa, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.