refuxiado, -a

Persoa que se viu obrigada a abandonar o seu país por causas políticas, unha guerra, unha catástrofe etc.

Etimoloxía

Substantivación do participio “refuxiar” que deriva de “refuxio” e este de refugium ‘asilo’.

Exemplos *

“A man dun refuxiado fai o signo da victoria no campo de refuxiados de Brazda , en Macedonia.” (A.N.E.: O Correo Galego, 2-6-1999)

“...nomeará Filla Predilecta da localidade á filla dunha destas refuxiadas que naceu antonte no Hospital de Guadalaxara .” (E.P.: O Correo Galego, 8-5-1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.