regalar

Dar unha cousa como regalo

Etimoloxía

Esta palabra ten a súa orixe na francesa régaler que, á súa vez, deriva régal ‘presente’.

Exemplos *

“Logo puxera a súa propia botica _Farmacia Rueda_ onde empezara a fabricación de lácteos como hobby. Facíaos no laboratorio un por un, para regalar aos amigos. Logo empezou a vendelos en frascos de cristal raiado, aínda sen etiqueta, pechados por unha tapa de papel suxeito cunha goma do pelo.” (Miguel-Anxo Murado: Luzes, 6-2016)

“-Vou regalar este vestido, pero os botóns parécenme lamentables. A peza é, en verdade, ben bonita, e os botóns son, sen dúbida, feos coma un Cristo con sete pistolas.” (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.