regalía

Cousa moi boa pola que se sente satisfacción / Vantaxe pola que alguén está libre dunha obriga ou pola que pode facer algo que os demais non poden

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latín regalis ‘propio do rei’.

Exemplos *

“Son tres faces diferentes dun mesmo drama, contado á maneira galega e para regalía dos que poidan comprender o noso linguaxe.” (Daniel Rodríguez Castelao: Os vellos non deben de namorarse [prólogo], 1953)

“Loxicamente o Duque debía de confiar máis na súa experimentada xente que nos que chegaban ó reclamo das regalías que prometera.” (Xoán Bernárdez Vilar: No ano do cometa, 1987)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.