Pasta que se elabora co zume da raíz da regalicia e que se toma como lambetada
Etimoloxía
Termo que procede do latín tardío liquiritiam de significado semellante.
Exemplos *
“Nós iamos porque nos tiña conto, que aínda me acorda que nos daba cadanseu pauciño de regalicia, ou se cadra tamén dous paquetiños de polvos, un verde e outro branco, para facermos o refresco de gasosa, e nunca mais a probei mais sabedora.” (Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes: Morrer en Vilaquinte, 1980)
“Casal, o vello escuálido e infantilizado que atendía aquel posto, tiña nunha alcándara unha pequena mona, a Casilda, que el mesmo amestrara, e preguntoume se quería que a fixese actuar para min. "Outro día", farfallei, ó tempo que ía rillando na regalicia.” (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


