Aquilo que se lle dá a alguén como mostra de afecto, agradecemento etc.
Etimoloxía
Deriva de regalar, tomado do francés régaler 'agasallar'.
Exemplos *
"A Seoane, cando nena, gustáballe sobre todo a semana anterior ó día de Reis, porque ata a véspera podía soñar cos regalos máis disparatados …" (Marilar Aleixandre: A Compañía Clandestina de Contrapublicidade)
"Ficaban xa poucos días, a esgotarse na ilusión dos regalos de Reis …" (Xavier Alcalá: A nosa cinza)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


