Curso de auga moi pouco abundante, regueiro pequeno
Etimoloxía
Palabra que se crea por derivación desde o verbo “regar” que vén do latín rigare de significado semellante.
Exemplos *
“Coma un fío de auga quixeras atravesalo todo, / regato / nos cons de illa ben dotada.” (Xela Arias: Intempériome, 2003)
“Tráime tamén o cantar / que recollen os regatos, / cantiga son do teu mar; / Traime todo nun brazado!” (Paco Rivas: Cantaruxos do meu mar e outras cantigas, 1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


