regreso

Acción e efecto de regresar

Etimoloxía

Termo que chega directamente do equivalente latino regressus ‘retorno’.

Exemplos *

“Maia atopouse co destacamento real que aínda patrullaba os límites da aldea; estaba asustada pero sabía que debía salvar aquel último obstáculo, e esperar o regreso de Xoel no alto da montaña.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costa, 2012)

“De regreso en México, envíoche esta postal da bonita cidade de Veracruz. Con Cariño, Paloma.” (Xosé Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.