regueifa

Molete de pan adornado con ovo, azucre, caramelo etc., con que se obsequia aos invitados a unha voda e aos veciños dos noivos.

Etimoloxía

Crese que pode chegar á lingua desde o árabe ragaif 'torta de pan'.

Exemplos *

"Durante o banquete da voda tiña lugar a regueifa: un gran pan que era repartido entre os asistentes." (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida)

"Daquela levábase a regueifa, que era que había que dar un molete." (Fernando Tato Plaza: Historias de vida e léxico do Castiñeiriño (Santiago de Compostela))

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.