regulamento

Conxunto de regras que regulan unha determinada actividade ou o funcionamento dun organismo

Etimoloxía

Creación ao redor de “regular” e este desde o latín regulare ‘dirixir’ ou ‘dispoñer’.

Exemplos *

“Os regulamentos deportivos antollábanselle aínda máis arbitrarios que os penitenciarios, e tampouco o seu corpo gozaba cos baños de suor.” (Bieito Iglesias Araúxo: Vento de seda, 1992)

“¡Eh, eh... !, galgueira, xogo limpo, ¡ eh ! ¡ Iso non vale ! —protestaba o seu dono— é tiña razón, pois estaba prohibido polo Regulamento das Carreiras de Pedras Galgas.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.