Acción e efecto de rehabilitar
Etimoloxía
Palabra creada sobre “habilitar” e esta da latina habilitare ‘facer hábil’.
Exemplos *
“Á mamá intentaron axudala con médicos de todas as especies e cores: médico de cabeceira, de familia, psiquiatra, psicólogos; estivo un tempo lonxe nun centro de rehabilitación, mais foi inútil.” (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz, 2000)
“Logo dixéronme, o meu pai e mais a miña tía, que era alcohólica, que estivera en rehabilitación moito tempo.” (María Cristina Pavón Mauriz: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.