Caste de mazá moi aromática, de forma aplanada, cunha mancha na pel arredor do rabo e de sabor algo ácido
Etimoloxía
Termo que bebe do francés reinette ou rainette, que se forma por derivación sobre a voz raine 'ra'.
Exemplos *
“A castañeta estaba espléndida. (...) Despois pasaron a un pastel de mazá, que Clodio preparara coas reinetas que daban as maceiras da horta, que completou unha cea chea de bo humor e regada cun delicioso e refrescante viño do Ulla.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)
“Don Xurxo ergueuse da cadeira, abriu o frigorífico e regresou ao cabo duns segundos con dúas mazás reinetas. –Apetéceche unha? Merqueinas hoxe na praza e están fresquiñas –dixo, e tendeulle unha peza.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


