reiniciar

Iniciar de novo.

Etimoloxía

Creado sobre iniciar, que procede o latín initiare 'iniciar ou admitir alguén nun rito'.

Exemplos *

"… marchei de novo para o bar onde Esperanza e don Fermín recuperan posición na mesa, entre tapete e baralla, pero sen animarse a reiniciar a partida." (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome)

"Agora conseguira regresar, tomar conta de si mesma e sentirse forte e disposta a reiniciar a vida." (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.