Cada un dos grandes grupos en que se dividen os seres da natureza.
Etimoloxía
Vén do latín regnum, -i, derivado de rex, regis 'rei'.
Exemplos *
"O reino vexetal constitúe, pois, ese pulmón a través do que a Terra vive e respira." (Nel Rodríguez Rial: O planeta ferido. Por unha cuestión ecolóxica)
"O legado da humanidade era escaso, como correspondía a unha terra tardiamente poboada, en cambio estaba ben representado o reino animal." (Bieito Iglesias: Vento de seda)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.