Premio de lotaría equivalente á cantidade xogada.
Etimoloxía
Regresivo de reintegrar que, á súa vez, é derivado creado sobre o latín integrare 'renovar', 'restaurar'.
Exemplos *
"Chegou o día do sorteo, e nin reintegro tivo." (Álvaro Cunqueiro: Escola de menciñeiros)
"O Tesouro queda cada ano cuns 2.000 millóns de pesetas, "regalo" de españois despistados que esquecen cobrar reintegros." (Lola Santaella: O Correo Galego 18-12-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.