reiseñor

Paxaro pequeno da familia dos túrdidos, de cor castaña, máis arrubiada na cola e clara no ventre, que ten sona pola fermosura do seu canto

Etimoloxía

A denominación bebe do occitano antigo rossinhol que remitía ao latín vulga *lusciniolu diminutivo de luscinia de significado idéntico.

Exemplos *

“Poñereille unha frauta e mais un reiseñor / e unha longa soedade como a do mar maior. / A dorna vai e vén / que meu amor ten!” (Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama Riveira, 1933)

“Se fósemos capaces de entender a linguaxe dos canarios, dos reiseñores ou dos xílgaros, saberiamos se cando cantan é de alegría ou por desesperación.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / A fábula da lavandeira e mais do gaio, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.