reitora, -or

Máxima autoridade académica dunha universidade e que asume a súa representación

Etimoloxía

Termo que bebe no latín rector, -oris ‘gobernador’, ‘rexente’.

Exemplos *

“100% limpadoras; 14% catedráticas; 0% reitoras. A muller segue en minoría nos postos de responsabilide da universidade galega pero copa os menos pagados.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 3-2014)

“A Universidade de Santiago de Compostela (USC) decidirá este 12 de febreiro quen se converte na primeira reitora da súa historia.” (Redacción: Nós Diario, 12-2-2026)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.