Acción e efecto de reivindicar
Etimoloxía
Palabra que ten a súa orixe na locución latina rei vindicatio ‘reclamación dunha cousa’, logo tomou a significación de ‘reclamación dos dereitos’.
Exemplos *
“Os Premios Martín Códax da Música, promovidos pola Asociación de Músicos ao Vivo foron entregados nunha cerimonia cunha clara reivindicación da presenza das mulleres que chegou da man das Fillas Bravas de Chévere e as pandereteiras da Maía "Maianas" ademais do dúo punk feminino Bala, a batería de jazz Lucía Martínez e a pianista de clásica Brenda Pián.” (M.L.: Sermos Galiza, 18-12-2014)
“As miñas novelas queren ser unha reivindicación e unha homenaxe a esas vidas rotas por unha barbarie que non tivo piedade coas persoas que soñaban un mundo mellor e máis xusto.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.