rela

Ra da familia dos hílidos, de pel lisa e de cor verde brillante cunha banda marrón polos laterais

Etimoloxía

Crese que a voz procede da do latín vulgar *ranela que remite á do clásico ranula ‘ra pequena’.

Exemplos *

“Pero non é o caso que imos tratar hoxe. Ó contrario que a estridente e pouco tímida ra verde, que se pode atopar doadamente arredor das charcas e pozos do noso rural, a rela ou estroza ( Hyla arborea ) pasa desapercibida totalmente para os seus veciños humanos.” (Xermán García Romaní: Natureza Dixital. Retallos de natureza en formato dixital, 2011)

“A Hyla molleri, coñecida en Galicia como rela ou ra de Santo Antón é unha especie anfibia endémica da península Ibérica, e moi estendida sobre todo no cuadrante noroeste.” (Redacción: GCiencia, 20-2-2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.