Exposición oral ou escrita de feitos reais ou imaxinarios, en particular cando é escrita e de carácter literario
Etimoloxía
Vocábulo que nos leva ao latino relatus ‘narración’, ‘discurso’ ou ‘relación’.
Exemplos *
“O ser alado fai unha pausa. Cambiou de actitude. Agora parece gozar co que conta e adopta un ton declamatorio, con pausas para dar énfase ao seu relato. Eva escóitao expectante.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)
“E o neto sentaba a carón do ancián e tiráballe da lingua, mais non tiña que esforzarse moito porque o avó axiña comezaba o seu relato, con todo luxo de detalles, demorándose con pracer nos datos miúdos, os nomes e os lugares.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


