relaxo

Relaxamento dos costumes ou da disciplina

Etimoloxía

Voz que deriva do verbo “relaxar” que, á súa vez, nos leva ao latino relaxare ‘afrouxar’.

Exemplos *

“Neste ambiente de aparente relaxo no vivir cotián , os situados e os que tiñan a esperanza de situarse podían vivir descoidados sempre que non se "metesen en políticas".” (Carlos Mella: Memorias dun ninguén, 2009)

“O descanso era relativo , o estado dos enfermos só permitía un relaxo intermitente .” (Manuel Pereira Valcárcel: Días do final, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.