Discutir o prezo dunha mercadoría
Etimoloxía
Verbo creado por prefixación tomando como base “lear” que procede do latín ligare ‘unir’ ou ‘xuntar.
Exemplos *
“Este deixaba a discusión do prezo e atendía á bigornia e logo deixaba a bigornia e volvía relear. Certamente a discusión prolongouse. Parecía que non ía rematar nunca.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes, 2006)
“A casa onde a miña aboa releaba coas aldeás que lle vendían pezas de caza.” (Ricardo Carballo Calero: O lar de Clara, 1984)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.