Caixa ou estoxo onde se conservan as reliquias
Etimoloxía
Termo relacionado coa voz “reliquia” que bebe do latín reliquiae ‘restos’.
Exemplos *
“Revisei todos os estantes con detención, escrutei entre os atados de panfletos desmembrados, movín misais e relicarios, pero o diario non apareceu por ningures.” (Alberto Canal: Conexión Tubinga, 2008)
“Pasado mañá tiñamos programado visitar Santo Estevo para revisar o estado do relicario da sancristía. O padre Xulián estará alí para abrirnos a igrexa.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.