relleira

Cada unha das táboas que antigamente tiñan as camas nos laterais, desde a cabeceira aos pés

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “rella” que é a evolución do latín regula ‘barra’.

Exemplos *

“Deixei á miña Verónica falando de trapos, que niso decaeu aquel comadreo, e adianteime en ir á cama; mellor dito, quen se adiantou foi o Centurias, que xa estaba nela, sentado na relleira, feito un pensatore rodiniano.” (Xosé M. Gómez Vilabella: “Aquel verán en Lugo (11)”, Galicia Digital, 5-4-2006)

“Senteime en pixama na relleira do leito, rompín o sobre, saquei unha carta que dentro dil había e lin: «Estou convencida de que nin da túa ialma, nin do teu corpo, nin do teu corazón queda xa nada pra min.” (Xoán Xesús González: A modelo de Paco Asorey, 1933)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.