Exteriorizar unha grande alegría ou un pracer intenso.
Etimoloxía
Este verbo formouse a partir do adxectivo louco, ao que se lle aplicou a terminación propia do verbo e un prefixo intensificador.
Exemplos *
"… os meus pés reloucaban de ledicia, e os regatos, que ameazaran conxelarse, reloucaban aínda máis e cantaban cos meigos." (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul)
"E nós tamén paseabamos felices entre eles, na compaña do doutor Livingstone, que case reloucaba coma un neno diante daquel espectáculo …" (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


