Alegría grande / Desexo moi forte dunha cousa
Etimoloxía
Derivado regresivo do verbo “reloucar” que é unha formación sobre o termo “louco” que vén do árabe lauqa de significado semellante.
Exemplos *
“Outra vez soa o relouco e algúns aplausos dos alumnos. O señor Xelmírez cumprirá-lle outros desexos que nós non podemos. Risos a cugulo.” (Úrsula Heinze: Anaiansi, 1989)
“Unha viaxe ateigada de emocións e de reloucos! No Río, Miguel e Xacinto falaron de Galicia: —Se tódolos galegos emigrados, que triunfaron coma ti —díxolle Miguel— montasen industrias na Terra nosa, Galicia pasaría a ser unha das rexións máis prósperas.” (Manuel Rodríguez Troncoso: Raíces rurais, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.