reloxo

Instrumento de diversas formas e sistemas de funcionamento, que mide o paso do tempo e indica a hora que é

Etimoloxía

Préstamo do catalán relotge que o toma do latín horologium que bebe no grego horológion ‘onde lía as horas, reloxo’.

Exemplos *

“Quixen comprobar a hora no meu reloxo de pulso pero con terror vin que non o levaba comigo.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

“Os reloxos da casa, o incrible número de reloxos da casa, deron as dez. Apareceron Mihai, o cigano, e mailo orienta. Claudia , a crioula, achegoume unha das copas.” (Xabier López López: O caderno, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí