remate

Aquilo que constitúe a parte final, o último momento, o extremo etc., dunha cousa

Etimoloxía

Palabra que procede do verbo “rematar” que vén, á súa vez, de “matar”, que se relaciona co latín vulgar *mattare ‘golpear’.

Exemplos *

“Ela é a única que non mira para o obxectivo, senón que a súa ollada, risoña e melancólica, contempla a harmonía que irradia a súa familia, desexando que ese momento non remate nunca.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dorme, 2014)

“As noticias xa voaban a principios de século, sobre todo se se producían ao remate do Camiño Francés.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.