Aquilo que se emprega para combater, curar ou aliviar unha enfermidade, unha dor ou un mal
Etimoloxía
Palabra que procede da latina remedium ‘medicina’ ou ‘cura’.
Exemplos *
“Collía o enfermo e púñase a pasear (...). Veña a pasear polos Leóns arriba e abaixo e o doente ía soltando os síntomas do seu mal. Algúns dicían que pasaba os enfermos rebeldes cos seus remedios ao doutor Fontes Raña -un médico que tiña fama de revirado- indo a medias nos honorarios da consulta.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / A historia de don Quinciano, 2014)
“Xa ves !... Eu, que sabía ler e escribir, que coñecía a aritmética e a xeometría, que podía aplicar remedios para sandar máis de tres ducias de males...” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.