remela

Materia que se forma nos bordos e nas comisuras das pálpebras, especialmente durante o sono, como consecuencia da secreción de certas glándulas

Etimoloxía

Voz de orixe incerta.

Exemplos *

“O espello deixaba fóra de combate á miña estima. Mais empecei o ataque contra o enguedello capilar botando man do meu peite de combate e despois limpei de remelas os meus ollos, de seguido a crema dentífrica acabaría co meu bafo cheirento.” (L.C. Carballal: Historias non irreais, 2001)

“...retiraba o cobertor que me cubría, facía emerxer a testa de aquel fedor e de aquela doce interioridade, intentaba abrir os ollos loitando contra as pexas que para esta operación me puñan cotras e remelas, e logrando unha mínima visión tentaba informarme de que cousa caía alén dos cristais, na rúa e no ar ceibe.” (Xosé Luís Méndez Ferrín: Bretaña Esmeraldina, 1987)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.