remisión

Acción e efecto de remitir ou remitirse

Etimoloxía

Vocábulo que nos leva ao latino remissio ‘repeler’.

Exemplos *

“Aquelas persoas nas que a sensación de culpabilidade fora diminuíndo tendían a coincidir en que a remisión do síntoma comezou ó redor dos seis meses .” (Marcial Gondar Portasany: Mulleres de mortos. Cara a unha antropoloxía da muller galega, 1991)

“Os globos actúan de diferente modo, coa lóxica inicial e definitiva de non existir remisión, ningunha posibilidade de que poidan ser recuperados.” (Henrique Dacosta: Unha mada de doce relatos / (In)decisión), 2008

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí