Dispositivo que, nas estacións de esquí, se emprega para transportar os esquiadores ao alto das pistas.
Etimoloxía
Deriva de monte, do latín mons, -ntis 'montaña'.
Exemplos *
"Nesta estación de montaña mantén en servizo cinco remontes e catro telesquís." (O Correo Galego 16-02-1996)
"… agardaron pacientemente as colas para acceder ós remontes …" (O Correo Galego 11-02-1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.