remorso

Desacougo, pesar que se sente por ter a conciencia de que se actuou mal

Etimoloxía

Termo que procede do latín remorsum, participio de remordere que significa ‘remorder’.

Exemplos *

“Se cando tu te fuches eu xa non fora / aquel toliño que quedaba en Vigo, / agora non tería este castigo / do remorso que ás veces me devora.” (Darío Xohán Cabana: Canta de cerca a morte, 1994)

”toda a traxedia ática non é senón un remorso / entón Gúdula explicarame polo miúdo como seducir a David / os ollos de Carlota mirándome / esixíndome que remate dunha vez / que me divorcie / naquel verao no que despedimos a Perpetua” (Chus Pato: Nínive, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.