repenicar

Tanxer unha campá, en especial rápida e repetidamente e en sinal de alegría.

Etimoloxía

Creouse a partir de picar, voz que probablemente se orixinase no latín vulgar por razóns onomatopeicas.

Exemplos *

"Desde a véspera, e como guinda deste pastel de fantasía, fogos e foguetes mesturándose co repenicar a festa das campás." (Marcial Gondar Portasany: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e o nós-outros)

"Os rapaces van na procesión e repenican as campás, prenden a mecha dos foguetes, recollen as variñas e fártanse do que lles peta sen que nada lles custe un can." (Arturo Lezcano: Os dados de Deus)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.