repinaldo

Variedade de mazá de forma alongada

Etimoloxía

Vocábulo de orixe descoñecida.

Exemplos *

“Os galegos, (...), medímo-lo tempo polo paso das vacas leiteiras, que tamén son o noso medio de produción; e somos partidarios do libre cambio para poder exporta-los excedentes que temos de peras urracas e repinaldos.” (Daniel Cortezón: Castelao ou a paixón de Galicia. II. As árbores e os xuncos, 1989)

“Algunha clase [de mazá] goza de especial recendo, polo que ás veces se emprega para perfumar os manteis ou a roupa branca. Das moitas especies teñen sona as tabardillas, a camoesa, o repinaldo, a reineta...” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.