reportaxe

Xénero periodístico de carácter informativo, que consiste en relatar de maneira máis ou menos extensa e dinámica uns feitos vistos e oídos polo reporteiro

Etimoloxía

Voz que se forma sobre a latina reportare que significa ‘traer ou levar unha noticia’.

Exemplos *

“No despacho de Mario Mendoza, onde figura como elemento ornamental unha grande esfera, o avogado observa con preocupación a Nemo Bandeira, mentres este le unha reportaxe xornalística.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)

“O meu irmán Mikael vai facer unhas reportaxes para a televisión e, entre elas, unha sobre esta Illa e as súas xentes. Non estaría mal que contactase contigo para que lle falaras sobre as cousas que aquí hai ou que aquí non hai.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.