Xornalista especializado en reportaxes.
Etimoloxía
Procede da forma inglesa reporter 'o que recolle informacións', pode que introducido a través do francés.
Exemplos *
"… aproveita a escribir mentres poidas e a ver se chegas a ser un reporteiro tan famoso coma aquel Stanley que fora en busca do doutor Livingstone …" (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema)
"A reporteira colgou e volveu meter no seu estoxo o pequeno móbil, ficando pensativa durante uns segundos coa fronte sobre o espello." (Ángel de la Cruz: O descenso do derradeiro ocaso)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.