Peza adicional fixada á parte superior do respaldo do asento dun vehículo, en que se pode apoiar a cabeza.
Etimoloxía
É un composto para o que se tomaron o verbo repousar, do latín repausare 'descansar' e o substantivo cabeza, da forma do latín vulgar para 'cabeza', capitia.
Exemplos *
"¿Cantos soños collen nos cranios abatidos contra os repousacabezas dos asentos, cantos silencios non albergan todos eles?" (Alfredo Conde: Sempre me matan)
"Carme deitou a caluga a un lado do repousacabezas, ollando cara arriba á procura de aire, respiración." (Xurxo Borrazás: Na maleta)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


