repouso

Estado do que ou de quen non realiza ningunha actividade que requira esforzo, do que permanece quieto ou se move o menos posible

Etimoloxía

Termo formado a partir do verbo "repousar", este está constituído polo prefixo "re-" e o verbo "pousar", que procede do latín pausare “parar”.

Exemplos *

“Eu adoitaba ir por alí na procura de repouso e dunha excitación peculiar, a que producía a miña mente e nos meus sentidos aspirar aquelas riquísimas herbas aromáticas.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007).

“A doutora dixo que procurase non alterarme de máis, que o repouso obraría o milagre.” (Henrique Dacosta: Unha mada de doce relatos / (In)dcisión, 2008).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.