Pór en escena [unha obra de teatro] / Interpretar [un papel nunha obra]
Etimoloxía
Vocábulo que tomamos do latino repraesentāre.
Exemplos *
“—Moi ben, facemos unha obra para recuperar o silencio. Corenta folios en branco. Por min encantado. Como representamos unha obra sen palabras?” (Andrés A. Vila e Xosé Cid Cabido: Copenhague; 1993)
“Espazo escénico neutro, baleiro. Sobre el, Helena Hortas, muller madura, actriz de fama e talento, está a representar Medea.” (Gustavo Pernas Cova: Medidas preventivas [acoutación], 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


