república

Sistema de goberno democrático no cal o xefe de estado é elixido polo pobo ou os seus representantes, para que goberne por un período establecido de tempo

Etimoloxía

Palabra que xorde desde a frase latina res publica ‘cousa pública, o Estado, a administración do Estado’.

Exemplos *

“A revolución do 68 acaba coa monarquía borbónica pero aínda non hai o arranque suficiente para instalar e instaurar unha república (...)” (Belén Puñal: Tempos Novos, 04-2006/14)

“E outros tiveron a honra de ser os primeiros deputados en votar contra a monarquía, é dicir, pola república (...)” (Xurxo Martínez González: A Peneira, 04-2010/71)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.