repunta

Comezo da subida da marea

Etimoloxía

Palabra que se forma por prefixación sobre o substantivo “punta” que vén do latín tardío punctam ‘estocada’.

Exemplos *

“Os peixiños teñen as súas horas para comer e fano cando teñen esa necesidade, xeralmente nos intres do desembalo e como dixemos, coa poderosa influencia da repunta da marea.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

“Dous remolcadores non puideron arrincalo da varada por estar chantado na lama e un mes despois suspirou do seu berce coa repunta da marea de lúa nova.” (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.