requeixo

Masa que se obtén tirándolle o soro ao leite callado.

Etimoloxía

Este substantivo formouse a partir da forma queixo.

Exemplos *

"Entraron de novo os serventes que foron retirando pratos e fontes das mesas para pousar outras con queixos e requeixo, cuncas cheas de dourado mel e, asemade, cestiñas recubertas de finos lenzos bordados e teas con encaixes …" (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)

"… unhas augas de cor branquísima, como o leite, que emerxen do subsolo a carón dese río, unhas augas que serven aos alemáns para producir un requeixo de fama mundial." (Xosé Carlos Caneiro: Ébora)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.