réquiem

Misa ou pregaria polos defuntos.

Etimoloxía

Procede do latín requies, ietis 'descanso'.

Exemplos *

"Fixo o réquiem por aquel vello campesiño de Ourense, Santiago Álvarez -a quen a historia lanzou sobre as trincheiras do labirinto español- e de seguida púxose a escribi-la acta de defunción de Esquerda de Galicia …" (Xavier Navaza: O Correo Galego 2002-05-04)

"… mentres Seoane estaba deitada na súa cama e quizais Bruno tamén soñaba ser un bandido, os sencasa reuníanse no túnel de Travesas, preto do lugar onde fora atropelado o Mareante, para adicarlle o seu particular réquiem." (Marilar Aleixandre: A compañía clandestina de contrapublicidade)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.