requinto

Clarinete pequeno de ton máis agudo ca o ordinario que se utiliza nas bandas de música

Etimoloxía

Palabra que é un derivado regresivo de “requintar”, verbo que remite a “quinto” procedente de quintus ‘quinto’.

Exemplos *

“O Félix frorea a gaita, / Fermín frorea o requinto, / fai, Roxelio o redobrante / na caixa, lene tronido... ” (Florencio Delgado Gurriarán: Galicia infinda, 1963)

“Unha festa á que non faltaban os mellores grupos de música daquel tempo, na que tantos anos teñen tocado os Celtas, os Trintas e Os Trabazos, cando non se botaba man dos numerosos músicos do pobo nos días menores, pois sempre houbo unha gaita, un bombo ou un requinto nas casas.” (Xosé P. Mondelo: A Nosa Terra, 22-2-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.