reserva

Acción de reservar unha localidade, un asento, un cuarto etc., nun lugar público

Etimoloxía

Despréndese de "reservar", herdado directamente do latín reservare ‘reservar, gardar, conservar’.

Exemplos *

“Desta volta , chegou un día coa reserva pagada e co regalo dun caderno en branco e unha pluma , por se prefería a escrita a man” (Antón Dobao: Incertos / O libro que nunca lin, 2008)

“Xa temos as entradas e a reserva do hotel.” (Manuel Lourenzo: As horas baixas, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.