reserva

Parte da produción de viño ou de licor sometida a crianza, xeralmente en recipientes de madeira ou vidro

Etimoloxía

Despréndese de "reservar", herdado directamente do latín reservare.

Exemplos *

“Os viños de reserva e gran reserva débense prostrar nunha cesta de prata ou de vimbio para evitar todo movemento brusco que os poida remover.” (Antonio Novo Salgado: A barra por dentro. Manual completo do barman, 1998)

“Seguindo o asesoramento do camareiro, optou por pedir ensalada de vieiras e o steak tartar que Manolo, o chef, seica preparaba como se fose un guerreiro mongol de Gengis Khan. Xavier non se atreveu a preguntar por aquela referencia gastronómica, e ao Quin tanto lle tiña. Godello branco, para o primeiro, un Rioxa reserva para a carne.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.