Edificio destinado a albergar moitas persoas, todas elas unidas por algunha característica afín
Etimoloxía
Termo que xorde do latino residentis que significaba ‘que se asenta’.
Exemplos *
“Tivera mesmo un incidente cos criados dunha daquelas residencias de ricos que saíran a ordenarlle que abandonase a zona.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde, 2011)
"Lembrábase do meixón que se agochaba nas xunqueiras, ao pé dos muros do Pazo do Bo Aire, residencia de verán dos bispos de Mondoñedo, en tal cantidade que valía para estercar as tomateiras; consellos de vellos que todos escoitamos referidos aos percebes e a outras exquisiteces, esaxeracións en todo caso." (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.